Blogia
Andresadas

Homenaxe a Óscar Muiño Blanco

Homenaxe a Óscar Muiño Blanco

Onte, no campo de terra de fútbol de Conxo, disputouse un encontro amigable en honra a un compañeiro e amigo que pola mala fortuna, foinos quitado o día 28 de Xullo deste ano. Todos sabemos que a estrada é traizoeira, e levounos a unha das millores persoas que había no mundo. Se non soa a tópico cando se di que sempre se van os millores... neste caso é ben certo... Foise un excelente amigo, co que eu compartín numerosas anédotas, diversos partidos de fútbol e de baloncesto... Moitas aventuras, e dame moita mágoa que non foran moitas máis...

Coñecín a Óscar no Antón Fraguas, foi comigo dous ou tres cursos no instituto, e xa fixemos boas migas dende o primeiro día... Correxíame os traballos e deberes da clase (era moi bo estudante e moi traballador), xogamos pachangas no recreo de fútbol (el era un grandísimo xogador, deso os do Conxo tiñan moi boa nota, ó igual que o Compos...) e tamén de baloncesto... (como desesperaba con el, ademais de ser alto, era o único capaz de facer mates sen pestanexar...) En fin, un grande amigo, grande compañeiro, estudante, mozo, fillo... Unha grandísima persoa... Quero pensar que el saiba que estea onde estea, sempre o recordaremos e non sairá nunca da nosa memoria esa imaxe sorrinte que el sempre tiña na faciana... En fin Óscar es o millor...

O partido foi entre o seu equipo, o Conxo de xuvenís e unha selección dos grandes compañeiros cos que el estivo xogando gran parte da súa vida... O partido comezou bastante turbio, con varias ocasións dos dous equipos... O primeiro gol foi do Conxo, un excepcional remate de cabeza que non puido deter Vilarinho, a pesar de estar moi ben posicionado... Pero, minutos despois este home tiña que aparecer... Iván Pérez, actual xogador do Laracha de Terceira, driblou de maneira incríble a dous rivais e conectou un fortísimo disparo coa esquerda... Vaia golazo!!!! O máis emotivo e que todo o equipo foi a darlle un abrazo á nai de Óscar e Iván alzou a súa mirada e o seu brazo ó ceo... Para ti Óscar... Unha excelente actuación do gardameta Óscar Vilarinho evitou que o Conxo se adiantase ó marcador...

Na segunda metade, a selección impúxose con tres excelentes tantos, pero daba igual, porque o partido era para Óscar. O público ovacionou a ámbolos dous equipos, que deron espectáculo, todo o que puideron para Óscar... Lembrarémoste sempre, non te esqueceremos...

6 comentarios

Anónimo -

Los años no hacen que te olvidemos Óscar, te queremos

Miguel -

El mejor amigo...nunca conoceré nadie como tú y nunca te olvidaré...siempre irás conmigo... Hasta que nos veamos 21...Te quiero

diego -

hola...soy primo de oscar...crecimos juntos y eramos como hermanos.pasabamos todos los veranos juntos y eramos grandes amigos...es cierto que siempre estara kon nosotros, porke nunka lo olvidaremos..se fue la mejor persona que existia: responsable, buen amigo,trabajador y muchas cosas mas...en fin, ya le conociais...me gustaria daros las gracias por todo lo que se esta haciendo por el..de verdad..gracias..eso demuestra lo grande ke era.. y los buenos amigos que tenia...gracias a todos..
Oscar: te echamos de menos..

Olalla -

Pois a verdade é que EUE ten razón, baixo o meu punto de vista, Óscar só morrerá condo nós xa non nos lembremos del.
Óscar, bótote de menos.

eue -

Unha persoa só morre cando morren todos os que o lembran

Jairo -

Óscar está con nosotros y nosotros con él, para siempre.